manoservicio1 - Terapia manual

Terapia manual

As técnicas de Terapia Manual son técnicas específicas para o tratamento da dor e outros síntomas de disfunción neuro-músculo-esquelética da columna vertebral e das extremidades, que se caracterizan por ser aplicadas manualmente e/ou de forma instrumental.

As técnicas de Terapia Manual teñen como principais obxectivos recuperar o movemento cando as articulacións presentan unha restrición no mesmo, aliviar a dor articular ou muscular e de forma inmediata mellorar a funcionalidade do individuo

Durante a primeira consulta, o fisioterapeuta identificará todos os factores, que poden contribuír no comezo e desenvolvemento dos seus problemas, por medio dunha entrevista detallada. Nesta entrevista as preguntas céntranse tamén nos seus síntomas, outras condicións de saúde e a situación actual. A continuación realízase unha valoración física exhaustiva e sistemática que se centrará na zona onde se localizan os seus síntomas e tamén noutras zonas relacionadas do seu corpo. A intensidade e a duración da valoración física adáptanse individualmente á situación de cada persoa.

A fisioterapia manipulativa úsase para analizar e tratar problemas agudos e crónicos do sistema neuro-músculo-esquelético. Isto inclúe:

  • Dores de cabeza.
  • Dor de costas e problemas de disco intervertebral.
  • Dor de ombreiro.
  • Artrite, p.e. de cadeira, xeonllo, columna.
  • Dor e problemas cervicais.
  • Ciática, hormigueos e adormecemento das mans e outros problemas neurales como a síndrome do túnel carpiano.
  • Dor de xeonllo, p.e. despois dunha lesión dos ligamentos cruzados ou do menisco.
  • Problemas de cóbado, p.e. cóbado de tenista ou cóbado de golf.
  • Lesións do pé, p.e. despois de rotura de ligamentos ou problemas tendinosos como a tendinits do tendón de Aquiles.
  • Alteracións temporo-mandibulares.