manoservicio1 - Masaxe deportivo

Masaxe deportivo

Masaxe Deportiva é un tipo de masaxe que prepara os tecidos para o esforzo deportivo e prevención e recuperación de lesións tanto en adestramento como en competición. Por este motivo, a masaxe é talvez, dentro das técnicas fisioterapéuticas, a máis apreciada polo deportista.

Realmente non existe unha masaxe deportiva especial, como non existe, por exemplo, unha masaxe xeriátrica. A diferenza en estriba no momento da actividade deportiva no que se aplique e nos obxectivos terapéuticos que persigamos.

Os obxectivos xerais da Masaxe Deportiva son, por tanto, preparar os tecidos para o esforzo deportivo, manténdoos nun estado óptimo, prevención de lesións tanto en adestramento como en competición e recuperación das lesións que se presenten e da forma física do deportista.